1aniversario Primeiro Aniversario ‘Serra’

En Casa Serra celebramos este sábado día tres de outono o primeiro aniversario da inauguración das nosas instalacións de Serra Alimentación, e inauguración da nosa páxina web www.serra1890.com

Nesta nova web poderás coñecernos un pouco máis, contactar con nos, ver o noso blog, visualizar as nosas ofertas e desfrutar doutro domo da Casa Serra.
O noso establecemento, que fai esquina entre as rúas Rosalía de Castro e Alcalde Xetas na capitalidade do concello de Castroverde, ofrece unha ampla gama de productos de calidade. Desde viños, a pescado fresco dous días a semana, fruta de tempada, chacinería, droguería, pan da zona, e moitos outros productos de calidade e co servizo de sempre.
Por todo elo, desde Casa Serra queremos convidar a tódolos nosos clientes, veciñ@s e amig@s a unha desgustación de ‘Paella’, regada por un viño das adegas ‘Alán de Val’, que terá lugar nas súas instalacións a partir das doce da maña.
Agardámoste!!!