A ALMA DE CASA SERRA

A alma da casa serra son os irmáns, Manuel, Iván e Fran. Na cuarta xeración quere dar un paso máis e ofrecer os seus productos a través da web. Mantendo a esencia da CASA SERRA, dende 1890. Saber máis > +

OS NOSOS VIÑOS

Na nosa sección de viños poderás atopar caldos de todas as denominacións xeográficas do país. Tintos, Blancos, Rosados, Espumosos… a uns precios moi asequibles.

FRESCOS

Contamos con chacinería, frutería e legumes que poderás disfrutar coa frescura que te mereces. Porque compramos todos os días os mellores productos para tí e a túa familia.

SERVIZO

Ofrecemos servizo a todas ás parroquias do concello de Castroverde. Sen olvidarnos dos arredores, porque levamos dende 1890 o teu servizo, 120 anos initerrunpidamente ofrecendo o mellor para ti e os teus.

Empresa

 

Somos unha empresa familiar de suministros ubicada en Castroverde (Lugo). Fundada fai máis de 120 anos, actualmente rexentada pola cuarta xeración. Os irmáns Manuel, Iván e Fran.

Dende os comenzos dedicamonos ao sector da alimentación en xeral. Comezamos cun pequeno establecemento de ultramarinos, que o largo dos anos foi medrando e ampliando a oferta de productos e medios en beneficio dos nosos clientes.

Na actualidade contamos con unha tenda de alimentación recentemente ampliada e ubicada en Castroverde e outros dous locales adicados ao almacén de piensos, fertilizantes, ferretería, xardinería, etc. ubicados un en Castroverde e outro en Bretoña.

Contamos con unha larga traxectoria en ambos sectores, polo que dende SERRA aportamos a garantía da personalización e calidade en todos os nosos productos, independentemente do sector.

O obxectivo actual de SERRA é poder satisfacer todas ás necesidades e demandas que poida surxirlles aos nosos clientes, é por elo que procuramos e intentamos manternos actualizados tanto na cantidade como na variedade.

 

A TÚA CASA DENDE 1890

© Copyright 2016. Casa Serra. Todos os dereitos reservados

 

logoserra