¿Queres coñecer a nosa historia?
DENDE 1890 – Cerca do remate do século XIX, Francisco Rodil, nacido en Pereiroá, Castroverde, abre una tenda de compra-venda de produtos do país: ovos, manteiga, xamóns, lacóns e outros produtos do porco, no barrio de Tarrío, Castroverde, na casa chamada “de Enrique”.
En 1890 casa con Silvina Lence e leva o negocio ao lugar onde vive a súa dona, a primeira “Casa de Serra”. Parece ser, segundo contan as vellas historias locais, que é a máis antiga das casas do pobo emprazadas na estrada.
En 1898, despois de construir a actual vivenda da familia, Pacón – así é chamado amigablemente – traslada a súa tenda de ultramarinos aos baixos: “A nova casa de Serra”. Grande parte dos produtos que se compran na bisbarra, sobre de todo o xamón, teñen como destino Madrid. Durante largo tempo tamén servirán comidas.
Ao non ter fillos, o matrimonio adopta ao seu sobriño Manuel López Lence que no ano 1945 colle o mando do negocio trala compra do mesmo. Manuel casa con Xenerosa Rodil Sánchez e amplían a actividade comercial. Á venda de ultramarinos e cárnicos, foron incorporando as de cereais, pensos e sementes; tamén adquiríu grande importancia a adega.
Cara a 1960 constrúen unha nova casa en fronte, na beirarúa cruzando a estrada. O matrimonio ten dous fillos, Francisco e Eva López Rodil, que colaboran cos pais ata 1978, ano no que Manuel colle a xubilación. Toma o relevo a terceira xeración. Francisco López Rodil, casado con Mª Isabel Rivas, faise cargo da empresa, promovea, e en 1986 fai una reforma na tenda.
Decidido a crecer, diversifica de novo as áreas do negocio. En 2002 constrúe a carón da vella casa unha nave para Todocampo Serra, Suministros Agropecuarios. Aos pensos, fertilizantes, sementes e cereais súmaselles a oferta de ferraxaría e xardinería así como o apoio á actividade gandeira. En 2010 estenden esta actividade creando un novo punto de venda na Pastoriza, Bretoña.
O matrimonio tivo tres fillos, Manuel, Iván e Francisco López Rivas, que nacendo xa no negocio e colaborando desde cativos nel, trala xubilación de Francisco en 2011, comparten hoxe a dirección.
Chegamos así á actualidade. En 2014, a punto de cumprir 125 años do inicio da actividade comercial, a “Casa de Serra”, despois de catro xeracións, con só cruzar a rúa traslada o moderno negocio de ultramarinos e fogar á “Terceira Casa de Serra”, ao servizo de Castroverde, as suas parroquias e os arredores tamén.