Como xa sabes estamos no mes de outubro e este ano celebramos noso II Aniversario na nova tenda.  E preparamos algo moi especial, haber que vos parece.
O Venres día 14 de Outubro a partir das 18,00 Horas teremos un Taller de cociña para nenos, e unha hora mais tarde a  partir das 19,00 horas esta será para o publico en xeral. E quen os imparte: pois teremos connosco ao gran cociñeiro Héctor López, Chef do Restaurante España de Lugo.  E a cousa non acaba aí, ese mesmo día celebramos a “Noite Aberta”  con descontos especiais para todo o mundo a partir das 20:30 e ata as 22:30 e moitas sorpresas mais.  Será unha maneira distinta de comprar, unha experiencia nova.

  Vascho a perder?

 

P.d.- Este é o noso agradecemento, o noso premio  por un ano de fidelidade , e por permitirnos seguir estando convosco.

 

GRAZAS